-
Recollida de firmas contra a nova lei de montes. Adeus enduro, trial, 4x4.....
Recollida de firmas en contra do art.98 da lei de montes
Aquí vos deixo o enlace para a recollida de firmas virtual para pedir que modifiquen o artigo no que se prohibe expresamente a circulación de todo tipo de vehículos a motor polas pistas e camiños dos nosos montes. Só poderán circular por estas vías os vehículos de conservación, extinción de incendios, pescadores ademáis dos sempre poderosos cazadores.
Todos os usuarios de vehículos diseñados para andar polo monte avogamos por unha regulación da actividade pero non pode ser unha prohibición total.
Tódolos interesados difundide a mensaxe porque aínda hai moita xente que non sabe nada de todo esto.
-
A min pareceme ben esta lei, e non ter que aguantar os motores que te deixan sordo das motos e quads, ademais de que van a toda velocidad e pasante por riva como non vaias con mil ollos.
A correr os circuitos, que o monte xa está bastante escarallado.
-
Coma en tódolos gremios paseante existe xente que non respeta, vai a toda velocidade e pinta a cana verde; pero non polo mal facer dunhos poucos deben pagar o resto de usuarios que exercen estas modalidades deportivas. Como xa dixen antes eu estaría moi de acordo por unha regulación da actividade pero non coa prohibición total. Esta lei me impide a min, a ti e a calquera que non sexa cazador ou pescador coller un vehículo por unha via non asfaltada e ir ata o alto dun cumio a dar un paseo, facer un picnic ou o plan que sexa.
Por outra banda a penas existen circuitos e dende logo non é a miña idea de pasar un día coa moto, eu non salgo a correr, salgo a dar unha volta polo meu entorno. Solemos facer paradas a descansar e sempre acabamos recollendo basura que outras persoas tiran sen miramentos.
Moitos compañeiros teñen dado alertas de incendios que recén comenzan a prender, o paso polos camiños impide que a maleza que crece pola falta de uso os sepulte irremediablemente.
Non somos santos pero tampouco somos demos aínda que sei que así nos ve moitísima xente.
No meu pequeno grupo polo menos, xa non é que respetemos as sinais de velocidade ó pasar por poblado é que imos a 10 ou 20 km/h precisamente porque non queremos que nadie pegue un brinco ó vernos e porque queremos que a xente comece a vernos con outros ollos e non como destroza-camiños.
Respeto a túa opinión, paréceme lícita a túa forma de pensar pero a min dame tristura que o monte quede totalmente en mans de pecadores e cazadores, eles si poden seguir circulando cos seus vehículos, cando disparan coas súas escopetas e soltan 50 cans polo monte supoño que eso non altera o hábitat nin asusta ós animais que alí viven.
Repito, regulación si privación de máis dereitos NON.
Permisos de publicación
- Puedes crear nuevos temas
- Puedes responder temas
- No puedes subir archivos adjuntos
- Puedes editar tus mensajes
Reglas del foro
Marcadores